Esta etapa da educación ten como finalidade básica formar parte do desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos/as nenos/as dándolles a maior importancia a satisfacer ás súas necesidades fisiolóxicas, descanso, hixiene e alimentación.
A asistencia á escola infantil desde idades moi temperás permite aos/ás nenos/as desenvolver a súapersonalidade , ampliar ás súas experiencias e favorecer as suas relacións sociais.
A escola infantil é un espazo onde o/a neno/a medra, madura, quéreselle e valóraselle polo que é: UN NENO/NENA .
En tan só 3 anos pasan de depender completamente dos adultos para ser autónomos. Durante este proceso os/as nenos/nenas adaptan o seu ritmo biolóxico ás rutinas diarias , tanto da vida familiar como escolar. Nesta última é onde se lle ofrece a súa primiera experiencia de contacto fose do seo familiar, de pertencer a un grupo, de formar parte da súa sociedade.
Estas experiencias teñen que integrarse no proceso educativo que ten que ser compartido por pais e educadores, coa maior concordancia posible. Neste proceso os/as nenos/nenas aprenden a coñecerse, a relacionarse cos demais (nenos ou adultos) a través das distintas formas de expresión e comunicación, a explorar e observar o seu medio natural, social e familiar.
Obxectivos:
A educación na nosa escola ten como base dous obxectivos xerais:
- Cubrir as necesidades fisiolóxicas dos/as nenos/as: hixiene, descanso e alimentación.
- Proporcionar ó/á neno/a un ambiente feliz, cálido e seguro onde desenvolver os seus coñecementos e aprendizaxes. Para que estas dúas finalidades se cumpran fixamos unha serie de principios enmarcados nas áreas do currículo de Educación Infantil.
- A felicidade do noso alumnado é un dos principios que rixe a nosa forma de traballo, facendo que disfruten ó máximo no centro.
- Apostamos por unha metodoloxía activa, participativa e global , onde o punto de partida é o interés do neno/a e a súa experiencia no contexto máis cercano no que no xogo ten absoluta importancia no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
- Pretendemos que adquiran un nivel de competencias adecuado, acorde coas necesidades dos diferentes entornos nos que se desenvolve.
- A educación psicomotriz é outro pilar, xa que a través desta o neno toma conciencia do seu propio corpo e das súas necesidades en relación ó seu entorno e ós seus iguais para mellorar a súa autonomía facéndose cada vez máis independente do adulto.
- Fomentamos os valores de convivencia como respeto, compañeirismo, esforzo .
¿Qué facemos para logralos?
Para que os nenos consigan os principios anteriormente mencionados propoñemos os seguintes principios metodolóxicos:
- O xogo , é a principal actividade . Tódolos aprendizaxes teñen un carácter lúdico , ademáis de ser estimulantes, atractivos e coherentes coa súa etapa.
- Traballamos mediante a estimulación temperá , é decir un programa no que o neno recibe ás súas aprendizaxes a través dos seus sentidos, potenciándoos. Faise de manera individual para así adicar a cada neno toda a atención.
- O tempo que permanecen os nenos na escola está organizado do mellor xeito posible respetando sempre ás súas necesidades. Os nenos combinan a súa estancia en espazos con outros de descanso, xa que é importante que o neno experimente momentos de relaxación a parte das súas sestas diarias.
- A xornada planifícase en rutinas , como a asemblea, a actividade diaria, a alimentación, o descanso. Estas rutinas fanse sempre igual porque lle serven ós nenos para interiorizar o concepto de tempo.
- Unha boa organización do espazo é fundamental para que os nenos desenvólvanse libremente pola aula.
- Ás educadoras serven de modelo ó/á neno/a por eso realizan tódalas actividades con eles, prestándolles axuda en todo o necesario e motivándoos de forma activa. Isto aporta ó neno confianza e seguridade.
- As aprendizaxes son globalizadoras e guíanse mediante un proxecto didáctico con fichas, cancións, xogos…
- A participación da
familia
é fundamental na escola. É fundamental que pais, nais e escola manteñan unha estreita relación e colaboración, xa que a educación depende de ambas partes. Ten que existir unha continuidade entre o que fan os nenos na escola e o que fan fóra dela. Isto lograse mediante a comunicación diaria a través da axenda, reunións periódicas e titorias. (poñer unha rutina).